Escoitar

BANDO "CABALGATA DE REIS"

Co gallo da Cabalgata de Reis adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade para o sábado, 5 de xaneiro de 2013:<br /> Percorrido e horarios: ás 17,00 horas terá lugar o acto da recepción das autoridades ás SSMM os Reis Magos na Porta do Sol.<br /> A saída da comitiva da Cabalgata de Reis está prevista para as 18,00 horas e percorrerá as rúas de García Barbón (dende o nó de Isaac Peral, Policarpo Sanz e Porta do Sol.<br /> O remate está previsto na Porta do Sol. O desmonte da comitiva terá lugar no Paseo de Afonso XII, rúa de Romil e rúa de Cachamuíñas.

venres, 4 xan 2013
Desviacións
Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido da cabalgata non poderán facelo dende as horas establecidas.
Aqueles vehículos que circulen pola avenida de Galicia terán que desviarse pola avenida de Bos Aires á Travesía de Vigo e centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal-Beiramar.
Recoméndaselles a circulación pola avenida de Bos Aires e Travesía de Vigo, así como baixar a Julián Estévez dende Enrique Lorenzo, para poder tomar o túnel ata chegar á rúa da Coruña e Bouzas.
Recoméndase non circular pola rúa de Torrecedeira e facelo pola avenida de Beiramar para os que leven destino Teis e pola rúa da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.
Queda pechado ao tráfico o acceso dende a rúa do Progreso por Doutor Cadaval, non se poderá saír á Porta do Sol.
Recoméndaselles aos vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa da Coruña, praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario.
Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Afonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa de Cervantes.
Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa de Urzaiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela.
Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para chegar ao seu destino.
Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Afonso XIII e García Barbón desviaranse no cruzamento da rúa de Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz.
Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral.
Aos vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar terán que xirar na rotonda de San Lourenzo.
Os vehículos que circulen pola rúa do Areal desviaranse pola rúa do Porto e rotonda da "Paelleira".

Os vehículos que circulen pola rúa de Rosalía de Castro deviaranse pola rúa de Serafín Avendaño e Miragaia cara a rúa Areal dirección praza de Compostela.
Soamente se permitirá baixar pola rúa de Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.

Peches de tráfico
- A partir das 10,00 h, non se permitirá o aparcamento de vehículos en todo o percorrido.
- Os cortes produciranse a partir das 16,00 h en:
Sanjurjo Badía-Enrique Lorenzo.
Saída da autoestrada a Isaac Peral
Rotonda de San Lourenzo con dirección a García Barbón.
Rúa Areal-O Porto
Rúa Areal- "Paelleira"
Rúa Colón-Areal
Paseo de Afonso
López de Neira-Doutor Cadaval
Afonso XIII-Cervantes
Urzáiz-Lepanto
Urzaiz-México
Urzaiz-Vazquez Varela
Miragaia-Rosalía de Castro
Canceleiro-Rosalía de Castro
Oporto-Rosalía de Castro
República Arxentina-Uruguai

- As únicas entrada e saídas á zona do Areal-Rosalía de Castro-zona praza de Compostela e Beiramar terán que ser pola rotonda de Julián Estévez e pola rúa de Coruña.
- Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás a quen teña o seu destino nesta ou aos usuarios da autoestrada.

Punto de encontro de nenas/os perdidos, posto de emerxencia e zona reservada.

Establecerase un posto destacado de emerxencias no cruzamento Colón-Urzáiz e dous postos de atención a nenos/as perdidos no lateral da igrexa de Santiago de Vigo e Porta do Sol.
No caso de perdas de nenos/as, hai que dirixirse aos voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e aos axentes da Policía Local.
Establécese unha reserva de espazo para persoas con mobilidade reducida no cruzamento da rúa de Afonso XIII con García Barbón (diante de Santiago de Vigo).

Recomendacións finais
Evitar o uso dos vehículos particulares.
Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e bombeiros.
Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa de García Barbón entre o nó de Isaac Peral e a rotonda de Julián Estévez e Sanjurjo Badía.
Manter o control sobre os nenos, para evitar a súa perda e que se abalancen preto das carrozas na busca de caramelos.
Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da organización.