O Centro de Interpretación da villa romana de Toralla estará rematado a finais de ano
O alcalde avanzou hoxe venres a previsión de que o Centro de Recepción de Visitantes e de Interpretación da villa de Toralla esté rematado a finais deste ano. O goberno local deu luz verde a un proxecto de rehabilitación financiado cunha subvención do Ministerio de Cultura dun millón de euros.
A Xunta Local de Goberno deu luz verde esta mañá ao proxecto de execución da rehabilitación do edificio que albergará o Centro de Recepción de Visitantes e de Interpretación da villa romana de Toralla e que está previsto que remate a finais deste ano. Cun investimento dun millón de euros, procedentes dunha subvención do Ministerio de Cultura -concedida polo anterior Goberno e ratificada polo actual-, o obxectivo é divulgar a información e os achádegos na finca Mirambel, ademáis de incorporar outros restos arqueolóxicos nas marxes da ría. Tal e como explicou o rexedor, este centro está situado ao lado do xacemento, aberto ao público desde 2007, resaltando a importancia da posta en marcha do Centro de Interpretación "dado que Vigo ten uns vestixios romanos moi definidos".
Tamén aludiu o rexedor, durante á rolda de prensa, ao convenio de colaboración coa Asociación de Comerciantes e hosteleiros Vigo Vello e a Sociedade Galega para a difusión e conservación do patrimonio que aprobou esta mañá o Goberno local. Segundo avanzou, trátase de dar continuidade ao programa "comercio na rúa" que se iniciou o pasado mes de agosto e que consiste en organizar o sábados un mercadiño nas rúas do Casco Vello. Caballero resaltou o bo resultado deste programa para dinamizar a zona e avanzou a autorizaron 40 postos de madeira con artesanos e comerciantes, que se instalarán nos laterais da Concatedral e nas rúas próximas á Pedra.