O programa "Arte na aula" leva a obra de 26 artistas a 12 colexios vigueses
A mostra itinerante "Arte na Aula", organizada pola Concellaría de Educación do Concello de Vigo en colaboración co recoñecido artista vigués Mingos Teixeira, deu comezo este venres no Colexio Emilia Pardo Bazán. O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, inauguraron oficialmente o programa, que levará a obra de 26 artistas vigueses ás aulas de 12 colexios da cidade.
Cada un dos centros educativos participantes acollerá durante un período de 10 días as pinturas, fotografías, gravados e esculturas de recoñecidos artistas da cidade. Nos distintos colexios exporanse os traballos de creadores do prestixio de Laxeiro, Nelson Villalobos e o propio Mingos Teixeira, entre outros.
O propósito deste programa de carácter didáctico é, en verbas do alcalde de Vigo, "contribuír a desenvolver a creatividade dos alumnos de educación primaria, levando a arte ao contexto escolar, coa finalidade de traballar a aprendizaxe da comunicación visual e a súa educación plástica coma ferramenta interdisciplinar". Abel Caballero valorou "moi positivamente" esta iniciativa que vai permitir aos escolares "coñecer de primeira man a obra dos artistas".
A mostra posibilitará, ademais, que todos os sectores da comunidade educativa teñan contacto directo coas obras de arte e cos seus creadores. "Arte na Aula" promove tamén unha participación activa nas visitas guiadas e conferencias impartidas por persoal cualificado dos ámbitos artístico e educativo.
Descargar todas as imaxes