luns, 3 mar 2008
Catrocentas firmas estarán representadas na novena edición de FranquiAtlántico, o Salón das Franquicias e dos Negocios, que se celebrará no IFEVI do 7 ao 9 de marzo. FranquAtlántico está consolidado xa como un dos referentes máis importantes do sector franquiciador no contexto da Península Ibérica.
luns, 3 mar 2008
O prezo do contrato do servizo de conservación e reposicións de parques e xardíns do Concello foi modificado este luns polo Goberno local, que decidiu aumentar en algo máis de 100.000 euros a cantidade que percibirá Cespa como empresa adxudicataria. Deste xeito, o prezo do contrato pasa a ser de 4.388.000 euros.
luns, 3 mar 2008
As actividades programadas para conmemorar a Reconquista de Vigo neste 2008 comezarán o vindeiro luns, 10 de marzo, cunha conferencia a cargo do historiador Bieito Alonso, segundo anunciou este luns o presidente da Asociación de Veciños do Casco Vello, Henrique Macías, tras asinar co tenente de alcalde, Santi Domínguez, un convenio para potenciar a organización da festa.
luns, 3 mar 2008
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, asinou este luns un convenio de colaboración co director de zona para Galicia e Asturias da Caja de Ahorros del Mediterráneo (CAM), David Martíns. A finalidade deste acordo é fomentar a difusión da Hipoteca Xoven desta entidade. A hipoteca está dirixida ás persoas de entre 18 e 35 anos que queren mercar a súa primeira vivenda cunhas condicións pensadas específicamente para elas.