Chus Lago descobre os recursos naturais da cidade co programa "Vigo camiño a camiño"
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, testou durante a mañá deste venres unha das rutas do programa "Vigo camiño a camiño", iniciativa do Concello de Vigo para descubrir os enclaves naturais da cidade. Lago, acompañada dun grupo de xornalistas, percorreu o río Eifonso, un dos principais afluentes do Lagares.
O percorrido desenvolveuse por un espazo natural de gran riqueza, no que destacan a fervenza e o bosque de ribeira que se localiza nas marxes do río. En palabras da responsable de área de Medio Ambiente, "trátase dunha gran oportunidade para coñecer enclaves naturais de verdadeiro valor ecolóxico e paisaxístico dos que nos debemos sentir moi orgullosos. Están preto de nós e apenas os coñecemos. Con esta iniciativa queremos promover entre os vigueses o coidado e respecto polo medio ambiente á vez que disfrutan dos recursos naturais de Vigo".
O programa arrancará este domingo día 2 de marzo. Os participantes poderán realizar o percorrido guiado pola Madroa – Lagoa Mol. Para todos aqueles que desexen participar, un autobús partirá da Praza do Rei ás 10 da mañá e regresará ao redor da 1 do mediodía.
Rutas polas parroquias
"Vigo camiño a camiño" é un programa de balde para os cidadáns que terá lugar cada domingo desde o 2 de marzo ata finais do mes de maio. A iniciativa consta de once rutas nas que os participantes percorrerán diferentes enclaves das parroquias de Beade, Bembrive, Zamáns, Valadares, Saiáns e Candeán.
Para facilitar os desprazamentos, o Concello porá a disposición dos participantes autobuses que partirán desde a Praza do Rei os domingos ás 10 da mañá para as rutas ecolóxicas.
"Vigo camiño a camiño" inclúe un programa especial para os institutos de ensino medio que terá lugar todos os venres para os catro cursos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Outra das actividades programadas que se porá en marcha é a ruta das estrelas, que comezará o próximo mes de marzo e onde os vigueses poderán observar as estrelas nos contornos do Monte Alba e do Monte dos Pozos.
Con este programa porase en marcha un certame fotográfico no que os participantes que o desexen poderán aportar as súas fotografías. Con este material está previsto facer unha exposición que culminará co programa "Vigo camiño a camiño".
Para facer as inscricións ou conseguir máis información pódese chamar ao teléfono 986 810 210.