Domínguez traslada o seu apoio á organización do Salón do Automóbil, que se celebra do 1 ao 3 de maio
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, reuniuse este xoves cos organizadores do Salón do Automóbil de Vigo, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de maio no Ifevi, para perfilar os detalles que restan do certame. Santi Domínguez salientou que este salón é un dos máis importantes dos que se desenvolven no recinto feiral e tamén un dos máis importates do sector, polo que manifestou que "temos que apoialo e impulsalo para que continúe crecendo".
Os representantes do comité organizador, encabezados polo seu presidente, José Manuel Fernández Alvariño, e o director do certame, José Enrique Elvira, trasladaron ao tenente de alcalde os aspectos e cuestións que quedan pendentes. Especial atención dedicaron ao Racing Show, que foi un dos elementos que maior éxito tiveron na última edición e de maior repercusión na proxección exterior do evento. "Foi unha das actividades que maior trascendencia lle deu ao Salón do Automóbil", asegurou. O tenente de alcalde adiantou que se está negociando con figuras destacas desta modalidade para contar con elas, aínda que evitou dar nomes ata que as negociacións estean pechadas.
Descargar todas as imaxes