Escoitar

VITRASA unirá a praza de Eugenio Fadrique co Hospital Meixoeiro coa nova liña 13

O vindeiro luns 3 de marzo, VITRASA porá en marcha un novo servizo dirixido a incrementar a frecuencia de paso co Hospital Meixoeiro e cumprir así cunha das principais demandas dos cidadáns de Vigo no que a transporte público se refire.

xoves, 28 feb 2008
1204206068vitrasa280208.jpg
O alcalde, Abel Caballero, presentou este xoves a nova liña
Trátase dunha liña que arrincará na praza de Eugenio Fadrique (praza da Industria) e percorrerá a rúa Coruña, Gran Vía, a praza de España, a avenida de Madrid e a estrada vella de Madrid ata chegar ao hospital.

A lanzadeira sairá da praza de Eugenio Fadrique cunha frecuencia de 30 minutos das 08.15 ás 13.15 horas e pola tarde das 16.15 ás 19.45 horas. Dende o hospital haberá servizo cunha frecuencia de 30 minutos das 09.20 ás 13.50 horas e das 16.50 ás 20.20 horas.

Melloras do servizo

Entre as melloras que vai achegar esta liña está a redución da frecuencia de paso coas liñas que van ao Hospital Meixoeiro, a 12A e a 12B. Coa nova liña, a frecuencia de paso dende a praza de España ao hospital e á inversa será de 15 minutos nas franxas horarias mencionadas.

Ademais, grazas á nova liña, a zona da praza de Eugenio Fadrique e a rúa Coruña vai ter un servizo directo á praza de España cada 30 minutos, nas franxas horarias mencionadas.

Con esta, son xa 35 as liñas de VITRASA que dan cobertura á cidade de Vigo.
Descargar todas as imaxes