Cubertos todos os obradoiros e visitas de grupos á exposición "Artifex" no Museo de Castrelos
Dende o pasado día 27 de febreiro e ata finais de abril está aberta no museo municipal a exposición "Artifex. Enxeñería romana en España", na que se efectúa, a través de paneis e maquetas, un percorrido polos diferentes avances técnicos do mundo romano na construción de calzadas, acuedutos, pontes e outras infraestruturas.
Máis de 500 persoas visitaron ata o de agora esta exposición, o que confirma o éxito que xa obtivo noutras cidades como Mérida e Sevilla. Ademais, as visitas guiadas e os obradoiros organizados polo museo están xa completamente cubertos ata o final da mostra.
Non obstante, "Artifex" pode ser visitada por libre e de forma totalmente gratuíta nos horarios de tarde do museo, de martes a sábado; e pola mañá os domingos e festivos incluída Semana Santa.
Descargar todas as imaxes
Non obstante, "Artifex" pode ser visitada por libre e de forma totalmente gratuíta nos horarios de tarde do museo, de martes a sábado; e pola mañá os domingos e festivos incluída Semana Santa.