O alcalde recibe os policías locais que impediron un caso de violencia machista na cidade
Os catro policías locais conseguiron deter o pasado 3 de marzo un home que se encerrara con dúas bombonas de butano no baixo da casa da súa muller, coa que cursaba os trámites de separación. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, quixo felicitar en nome da cidade aos policías pola súa "arriscada" labor.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres aos catro policías locais que impediron coa súa actuación un caso de violencia de xénero na cidade. O alcalde os felicitou no nome da cidade polo seu "arriscado" labor do pasado 3 de marzo.
Os policías detiveron un home que se encerrara con dúas bombonas de gas butano no baixo do edificio no que habita a súa esposa. A muller, en trámites de separación, chamou ao 092 alertando do encerro do seu marido e do forte cheiro a gas que desprendía o local.
A Policía Local acudiu ao lugar e logrou acceder ao baixo a través dunha fiestra traseira, onde atoparon o home deitado cunha mangueira conectada ao gas e manifestando que faría uso do chisqueiro que tiña. Os policías arrebatáronllo das mans, pecharon o paso do gas das bombonas e procederon a asegurar a zona.
A muller aclarou con posterioridade que o seu marido tiña unha orde de afastamento pero que lle permitía vivir no baixo da vivenda.
Descargar todas as imaxes