O proxecto "Ni + Ni -" recala en Vigo para traballar pola incorporación das mulleres emprendedoras á sociedade da información
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Emprego, Santos Héctor, inauguraron este xoves o seminario sectorial dirixido á industria e á construción que pecha o proxecto "Ni + Ni -". Esta iniciativa, enmarcada dentro do Plan AVANZA do Ministerio de Industria, ten como obxectivo a incorporación das mulleres emprendedoras á sociedade da información.
O proxecto "Ni+ Ni-", enmarcado no Plan AVANZA do Ministerio de Industria, pechou este xoves en Vigo os seminarios sectoriais que está a desenvolver nas catro provincias de Galicia co obxectivo de traballar pola igualdade das mulleres emprendedoras nas TIC, as tecnoloxías da información e o coñecemento. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Emprego, Santos Héctor, participaron este xoves da inauguración oficial do seminario vigués, dirixido á construción e á industria.
A iniciativa procura a igualdade de xénero na sociedade da información. Mediante a celebración de seminarios sectoriais, o proxecto busca intercambiar experiencias entre emprendedoras, autónomas e empresarias que usen as TIC como ferramenta para acadar a igualdade no traballo e maior eficiencia na xestión diaria. Dos mesmos extraeranse conclusións e propostas de actuación para a incorporación das mulleres emprendedoras ao uso destas novas tecnoloxías.
Con anterioridade ao de Vigo celebráronse seminarios en Lugo, destinado ao sector primario; na Coruña, ao sector comercio e servizos; e en Ourense, enfocado ás mulleres profesionais. O de Vigo pon así o punto e final a este ciclo e dá paso á seguinte fase do proxecto, o primeiro encontro de mulleres traballadoras, que terá lugar en Santiago de Compostela o próximo 13 de marzo. Alí, elaboraranse as propostas entre as emprendedoras que contribúan ao uso xeneralizado das TIC e o acceso a Internet, como instrumentos para a igualdade e a mellora da competitividade e eficacia empresarial, superando a exclusión dixital.
Abel Caballero animou a todas as mulleres emprendedoras viguesas a participar do obxectivo do proxecto e compartir as súas experiencias. O alcalde salientou que a "capacidade de adaptación demostrada por Vigo a un mercado global cada vez máis competitivo debe servir para animar as mulleres a emprender e fomentar a súa incorporación á sociedade da información e as TIC".
Descargar todas as imaxes