O 20 de decembro, posible data de aprobación do Plan Xeral polo Pleno
A concelleira de Urbanismo, Carmen Silva, baralla como data de aprobación do Plan Xeral polo Pleno o 20 de decembro. Silva estimou nunha rolda de prensa este mércores que o cumprimento desta previsión "vai significar un enorme esforzo" e reiterou neste sentido a súa vontade de aprobar o PXOM dentro de prazo e o compromiso "irrenunciable" do PSdeG-PSOE coa reserva do 43% para vivenda protexida.
A concelleira fixo público un calendario para a aprobación definitiva do documento no que, tendo en conta posibles variacións de "un día arriba ou un día abaixo", a primeira cita será o mércores 5 de decembro. Ese día entregaráselles a todos os membros do Consello Sectorial "todo o Plan nun CD, con informes, memoria, planos e estudo económico-financeiro" e abrirase "un prazo para que o poidan estudar". Ese prazo finalizará o martes 11 de decembro, data na que se reunirá o Consello Sectorial de Urbanismo "con datos e posicións avalados en estudos".
O luns 17 reuniranse o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo e a Xunta de Goberno Local para decidiren a posible aprobación do PXOM. No que atinxe ao Concello de Vigo, o proceso podería rematar na mencionada data do 20 de decembro, se o Pleno da Corporación dá o seu visto bo ao novo Plan Xeral e decide enviar o documento á Xunta de Galicia. Con respecto a este último paso, Carmen Silva restou valor a un posible retraso na aprobación definitiva do Plan por parte da Administración autonómica, xa que suporía unha cantidade de tempo mínima en relación aos seis anos que Vigo o leva desenvolvendo.
Na súa intervención antes os medios, a concelleira de Urbanismo afirmou que a reserva do 43% para vivenda protexida no novo PXOM é "irrenunciable", xa que se corresponde cunha "realidade" baseada "nun estudo rigoroso". Así, Carmen Silva recordou que a Xerencia de Urbanismo conta con tres informes (o dos técnicos municipais, o de Luciano Parejo e o de Consultora Galega) que non deixan lugar a dúbidas sobre a seguridade xurídica do Plan e dos cambios introducidos nel polo actual Goberno local.
Descargar todas as imaxes