Rexeitadas no Consello da Xerencia dúas mocións sobre ruídos e vivenda protexida
Os votos en contra de PP e BNG e a abstención do PG fixeron que o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo rexeitase hoxe xoves dúas mocións presentadas polo PSdeG-PSOE, nas que se solicitaban cambios no Plan Xeral no referente ás ordenanzas de ruídos e á porcentaxe de vivenda protexida.
Por medio da primeira destas mocións, o PSdeG-PSOE propuña que se incorporasen unha serie de determinacións nas ordenanzas de ruídos do Plan Xeral, agora que o Concello e a Xunta estudan as posibilidades de realizar cambios no documento de cara á súa aprobación por parte da administración autonómica.
A demanda do grupo socialista concretábase na prohibición do uso recreativo en locais cerrados como pubs, salas de festa e discotecas nas rúas que, conforme á lexislación municipal vixente, teñen a consideración de saturadas por acumulación de ruídos en horario nocturno.
Na segunda das súas mocións, o PSdeG-PSOE demandaba o incremento da reserva de solo para vivenda de protección pública, ata atinxir unha porcentaxe do 35%. No PXOM aprobado provisionalmente en maio de 2006 a proporción é do 20%.
Por outra parte, o Consello da Xerencia acordou proporlle á Xunta de Goberno a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da Unidade de Actuación 3-Chantada, a disolución da Xunta de Compensación do PERI U.A. 3 de Casás, e a aprobación inicial do proxecto de urbanización da Unidade de Actuación II-03 de San Andrés de Comesaña.
Descargar todas as imaxes