venres, 9 febreiro 2007

O MARCO, en terra de ninguén

venres, 9 feb 2007

O MARCO acolle a partir de hoxe venres a mostra colectiva "Entre fronteiras", que fala do modo en que as fronteiras definen, cuestionan e documentan o noso mundo contemporáneo, tendo en conta as numerosas transformacións sociopolíticas, culturais e económicas dos últimos anos, así como os cambios na maneira de comunicarnos e na nosa capacidade de viaxar.

Inicio do programa "Con T de Teatro"

venres, 9 feb 2007

O Auditorio Municipal vai ser o escenario onde se representarán, a partir do 10 de febreiro, as obras do programa "Con T de Teatro", destinadas todas elas ao público familiar. As representacións realizaranse os sábado ás 18 horas , con entradas a tres euros para os adultos e a dous para o publico infantil ata os 12 anos.<br />

A natureza galega no Verbum

venres, 9 feb 2007

Durante os domingos do mes de febreiro, en horario de 12 a 13.30 horas, o Verbum organiza tres obradoiros creativos sobre a natureza de Galicia, organizados pola empresa de educación ambiental Estela, Loxística e Proxectos. Estas actividades están dirixidas a todos os públicos, especialmente ás familias.

25 comparsas participarán no desfile do Entroido

venres, 9 feb 2007

Un total de 25 comparsas participarán no desfile do concurso do Entroido 2007 que convoca a Concellería de Festas e Animación Sociocultural e que percorrerá o vindeiro sábado 17 de febreiro as rúas García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol. Esta mañá celebrouse no Concello o sorteo da orde do desfile.