O MARCO, en terra de ninguén
O MARCO acolle a partir de hoxe venres a mostra colectiva "Entre fronteiras", que fala do modo en que as fronteiras definen, cuestionan e documentan o noso mundo contemporáneo, tendo en conta as numerosas transformacións sociopolíticas, culturais e económicas dos últimos anos, así como os cambios na maneira de comunicarnos e na nosa capacidade de viaxar.
Os artistas e obras reunidos baixo este título analizan as diferentes maneiras en que as vidas das persoas se ven afectadas polas marxes, os límites e as fronteras. Fálannos das pegadas e consecuencias de episodios do presente, narrados desde ópticas particulares. O territorio, os desprazamentos, a memoria e a utopía sitúanse no trasfondo desta mostra, que invita o visitante a ir máis alá do contemplativo e trata de historias e conflitos, de inmigración e emigración, de realidades e ficcións, dos espazos e dos seus arredores, do sentido de pertenenza, de identidades individuais e coletivas, e tamén de "terras de ninguén", do non-lugar.
O pasado soviético de Kirguistán subxace na obra de Muratbek Djumaliev e Gulnara Kasmalieva; Albert Heta evidencia a súa orixe kosovar nunhas pezas que, inevitablemente, aluden ao recente conflito dos Balcáns. O percorrido polas salas transpórtanos de Leste a Oeste, de Oriente a Occidente, desde as montañas sen nome do val de Pandjshêr, en Afganistán, retratadas por Marine Hugonnier, ata o estreito do Bósforo, que separa Europa e Asia en Estambul e que nos presenta Ergin Çavuşoğlu nun paso fronteirizo que é ao mesmo tempo físico e imaxinario.
A comisaria da exposición, Carolina Grau, quixo ofrecer unha visión dunha xeración de artistas que se ocupan da súa historia; unha arte comprometida que pretende facer reflexionar sobre situacións do presente narradas con interese documental, ás veces lúdico e, en xeral, coa intención de representar unha experiencia para facela visible.
Neste caso a fronteira actúa como nexo de unión entre artistas que desde os anos noventa mantiveron un enfoque crítico máis alá do concepto de globalización. Por exemplo, a realidade da inmigración e a "terra de nadie" na instalación do suízo/grego/italiano Costa Vece, ou a peza con cancións patrióticas de distintos países, estados ou comunidades que presenta a serbia Maja Bajević. A inmigración ilegal protagoniza a obra de Guzmán de Yarza Blache, que encontra o seu contrapunto na interpretación de Jun Yang sobre a súa propia experiencia como inmigrante chino en Austria, e na perspectiva máis poética de Bojan Šarcevic.
En clave de denuncia, Santiago Sierra recórdanos a historia a partir dunha serie de fotografías que evocan acontecementos políticos fundamentais do século XX, a través das transformacións do Pavillón Español no recinto da Bienal de Venecia. Unha intención crítica como a de Alejandra Riera e Fulvia Carnevale cando nos trasladan ao territorio entre Bolivia e Arxentina, onde a economía clandestina provoca desigualdade e pobreza.
Reflexións que se achegan á crítica social, pero que tamén parten da ironía para analizar conflitos lingüísticos, como Zineb Sedira cando provoca eo (des)encontro entre tres xeracións da súa familia que falan distintas linguas. Cuestións idiomáticas e de comunicación, tamén presentes na obra de Anri Sala, ou na particular versión de "O libro da selva" na peza de Pierre Bismuth.
A fronteira separa países en conflito e é escenario de desprazamentos motivados polas guerras, indicador de cambios de idioma, punto de inflexión xeográfico e simbólico que, nas súas distintas acepcións, sitúase na orixe de acontecementos cotiáns. Europa diluíu os límites entre os países membros da UE mentres se agudizan as políticas de control da inmigración procedente de África. Mentras os cidadáns de países non desenvolvidos encontran na emigración unha saída, as grandes empresas localizan alí a súa produción para reducir custos. O mesmo paradoxo co que xoga Šejla Kamerić cando sitúa na entrada da exposición dous indicadores que nos dirixen cara a un lugar ou outro segundo pertenzamos á Unión Europea ou "aos outros".
É posible que se pensamos na fronteira como un comezo máis que como un final, como "aquilo a partir de onde algo comeza a ser o que é", observemos que moitas destas obras analizan o asunto fronteirizo desde o outro lado. "De l'autre côté", como titula Chantal Akerman a serie que retrata a fronteira entre México e Estados Unidos.
"Entre fronteiras" inaugúrase hoxe venres ás 20.00 horas e permanecerá aberta ata o 20 de maio na sala de exposición da planta baixa do MARCO, co seguinte horario: de martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 21.00 horas, e os domingos, de 11.00 a 15.00.
Cine entre fronteiras
Como actividade complementaria desta exposición, o MARCO e o Cineclube Lumière ofrecen durante o mes de febreiro un ciclo de cine, con temas e protagonistas que se relaciónan cos eixos temáticos da exposición. Unha selección de películas que falan das fronteiras e dos límites xeográficos, históricos, reais ou imaxinarios. Historias relacionadas con problemas de identidade, coa integración ou marxinación social, con conflitos fronteirizos, co territorio individual e social e o nomadismo.
Precisamente sobre este último tema versa a película que se proxectará o próximo luns no Auditorio Municipal a partir das 20.30 horas. "Nomadak TX", de Raúl de la Fuente, xorde do soño de dous músicos vascos, Igor Otxoa e Harkaitz Martínez, que desexan que o instrumento que tocan entre os dous, a txalaparta, se convirta nun lugar de encontro non só de dúas persoas, senón tamén entre culturas moi diferentes. Movidos por este desexo, teñen viaxado ao norte da India, a Laponia, a Mongolia e ao deserto do Sahara, creando espazos de diálogo musical.