Escoitar

Musicalia arranca de novo

O venres, 9 de febreiro, a partires das 22:30 h. na SalaA! (Avda. Beiramar, 113) porase en marcha a segunda fase de actuacións do concurso MusicaliA da Concellería de Xuventude de Vigo en colaboración coa SalaA!.

xoves, 8 feb 2007
MusicaliA é un concurso de pop-rock, que pretende fomentar e apoiar aos grupos de Galicia e do norte de Portugal que buscan abrirse camiño no mundo da música.

Así, pois, tras unha primeira fase de selección de maquetas e, tamén, despois dun merecido descanso polas festas do Nadal, este venres voltan as actuacións en directo para poder decidir os gañadores do concurso.

Os tres primeiros venres dos meses de febreiro e marzo actuarán en directo cada noite tres grupos e o xurado valorará, ademais da orixinalidade e a calidade das composicións, tanto nos textos coma na musicalidade, a posta en escena e seleccionará a tres grupos que pasarán á gran final.

Nesta ocasión, os grupos que actuarán en directo son:
PACHAMAMA
PACÍFICO
RAGDOG

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31) Tfno. 986 294 806 www.xuventudevigo.org ou www.salaa.es