O Concello de Vigo e Obra Social Caixa Galicia colaboran no programa de microcréditos para o autoemprego
A concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Lucía Molares, presidiu hoxe a presentación do programa "Microcréditos para o autoemprego" ás entidades e colectivos que traballan no asesoramento a emprendedores e a emprendedoras e ás agrupacións de colectivos de posibles beneficiarios deste programa.
O programa desenvolvese dende o servizo –SAE-, da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, dentro do Plan municipal de emprego 2004-2007, e que conta coa colaboración da Obra Social CaixaGalicia.
O programa de microcréditos é unha acción que ten como finalidade apoiar a todas aquelas persoas que desexan poñer en marcha un proxecto de autoemprego ou crear unha pequena empresa e atópanse excluídas do acceso ao crédito polas canles bancarias convencionais, por carecer de garantías ou avales.
Desde o ano 2005, o Servizo de Asesoramento a Emprendedores da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego incorporou os microcréditos ás súas actuacións para favorecer o emprego como unha nova ferramenta de apoio á creación de empresas, proporcionando asesoramento para estudar a viabilidade dos proxectos empresariais, a elaboración de plans de empresa e tramitando ante a Obra Social de Caixa Galicia as solicitudes de microcrédito.
Os microcréditos que ofrece Caixa Galicia aos emprendedores que reciban asesoramento a través do Servizo de Asesoramento a Emprendedores do Concello de Vigo teñen un importe máximo de 25.000 euros, un período de amortización de 5 anos con 6 seis meses de carencia opcionais e un tipo máximo do 4 por cento fixo durante toda a vida da operación, sen comisións de apertura, de estudo nin de amortización anticipada. O principal aval para a concesión de microcréditos constitúeno as persoas, as ganas de traballar, o afán de superación e ter un bo proxecto de autoemprego.
A este acto de presentación asistiron os principais axentes relacionados co emprego de Vigo, profesionais dos servizos sociais, representantes asociativos relacionados coa inmigración, técnicos locais de emprego, sindicatos, axentes de desenvolvemento local, asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados e representantes asociativos do ámbito social.
Segundo os datos facilitados por CaixaGalicia , en 2006 alcanzouse a cifra de 299 operacións concedidas e a creación de case 350 postos de traballo en Galicia, cun volume de crédito concedido que supera os 2,7 millóns de euros. O 72 % das empresas foron creadas por inmigrantes e emigrantes retornados, maioritariamente procedentes de América Latina, principalmente orixinarios de Uruguai, Arxentina, Ecuador, Colombia, Brasil, Venezuela, Cuba e en menor medida por inmigrantes procedentes de África subsahariana e Europa do Leste. Por outra banda, o 52% das operacións foron concedidas a mulleres.
Outra das situacións que debuxan o perfil dos beneficiarios de microcrédito vén dado polo feito de que ata o 85 % das operacións foron concedidas a persoas en situación de desemprego ou subemprego. Para rematar, destacar que moitos dos beneficiarios foron persoas que desenvolvían algunha actividade laboral na economía informal e que neste sentido os microcréditos reveláronse como un instrumento especialmente útil para a incorporación ao mercado de actividades desenvolvidas na economía mergullada.
A gama de actividades financiadas con microcrédito é ampla, desde empresas no ámbito da informática e as novas tecnoloxías (ciberlocutorios, servizos web, programación, comercio electrónico, deseño gráfico e publicitario, ata empresas de manufactura (tapicerías, reparación de calzado, talleres de confección e arranxos de roupa), construción e empresas de pequenas reformas (electricidade, carpintería, fontanería, albanelería, pintura), comercio minorista (quiosco, froitería, tenda de alimentación, tenda de animais, artigos de pintura e decoración, tendas de roupa), restauración (restaurantes étnicos, comida rápida), e outras servizos a empresas (transporte de paquetería, asesoría de empresas, limpeza, copiadores, etc..), artesanía (taller de coiro, escola de pintura, escultura e gravado, encadernación artesanal), estética e servizos persoais (barbarías, pedicura e manicura), e outras (empresas de xardinería, servizos socioeducativos, fotografía, etc).