O Concello renovará os convenios coas centrais sindicais
A alcaldesa e maila concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, mantiveron hoxe un encontro cos secretarios comarcais dos sindicatos con vistas á renovación dos convenios que as centrais sindicais manteñen co Concello.
Os convenios refírense ás oficiñas de información abertas nas sedes dos sindicatos e nas que se ofrece asesoramento xurídico, laboral, así coma información sobre distintas actividades e servicios do Concello de Vigo, como axudas, emprego, igualdade...
Os convenios, que se asinarán proximamente, ascenden a 87.000 euros anuais para os tres sindicatos.
Os convenios, que se asinarán proximamente, ascenden a 87.000 euros anuais para os tres sindicatos.