Obradoiros infantís de Nadal no MARCO
A partir do 26 de decembro darán comezo no Laboratorio das Artes do MARCO os obradoiros de Nadal deste museo, dirixidos a público infantil de entre 3 e 8 anos. Os obradoiros estarán en marcha durante dúas semanas consecutivas: a semana de Nadal (do 26 ao 30 de decembro) e a semana de Aninovo (do 2 ao 7 de xaneiro).
Esta iniciativa coincide coa paréntese das festas e a conseguinte interrupción do programa de visitas e obradoiros para alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato, programa que se leva a cabo no MARCO durante todo o curso escolar. O servizo educativo do museo adáptase á diferenza de horarios e ás peculiares características desta época do ano para ofrecer ao público infantil e familiar unha posibilidade de aproveitar mellor este tempo de lecer.
"Regalos Mutantes/Regalos Sonoros"
A partir do mes de xaneiro, as exposicións "Pintura mutante" e "A mostra invisible" tocan á súa fin. Durante as últimas semanas de duración destas mostras, o persoal educador toma como punto de partida as mutacións dos medios, temas e materiais pictóricos, e tamén a percepción sonora, para realizar obxectos "multiusos" que poidan servir como agasallos de Nadal: papeis de regalo, envoltorios, postais, adornos e pequenos instrumentos musicais, entre outros. Os obradoiros do Laboratorio das Artes complétanse con visitas ás salas de exposición e sesións de contacontos.
Datas
Semana de Nadal: martes 26, mércores 27, xoves 28, venres 29 e sábado 30 de decembro
Semana de Aninovo: martes 2, mércores 3, xoves 4, venres 5 e domingo 7 de xaneiro
NOTA: Co gallo das festividades de Nadal, o museo estará pechado ao público os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro.
Horarios
Martes, mércores, xoves, sábados e domingos de 12.00 a 14.00 horas
Venres de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas.
Descargar todas as imaxes