Escoitar

A antiga escalinata da praza de Portugal será reconstruída na subestación do Castro

A fachada da subestación de FENOSA será demolida e no seu lugar reconstruirase a antiga escalinata da praza de Portugal. O traslado das pezas orixinais, que suporán o 35% da estrutura final, foi anunciado hoxe luns polo Goberno local.

luns, 18 dec 2006
1166455131escaleira2.jpg
A escalinata, que conectaba a praza de Portugal coa rúa Uruguai, servirá para ir da zona da subestación do Castro (rúa E. Blein Budiño) á entrada de Camelias. As obras proxectadas pola emrpesa TICCO consisten na demolición da fachada vista da subestación e na reconstrución da antiga escalinata, acondicionando de maneira definitiva a beirarrúa que comunica as rúas Camelias e Venezuela. Ademais, reacondicionarase toda a cuberta da subestación mediante un axardinamento.

A execución do proxecto de reconstrución da escalinata suporá un investimento de 600.000 euros que correrá a cargo de FENOSA, segundo anunciou o portavoz do Goberno municipal, José Manuel Figueroa.
1166455131escaleira2.jpg
1166455140escaleira1.jpg
1166455154escaleira3.jpg
Descargar todas as imaxes