Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 15 dec 2006
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 18 DE DECEMBRO DE 2006.

1.- Acta da sesión ordinaria do 23 de outubro de 2006.

ALCALDÍA
2.- Proposta de concesión de subvención á "Unión Cívica municipal de Consumidores y Amas de Hogas de Vigo". Expte. 3532/101.

ASESORÍA XURÍDICA
3.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no r.c.a. 314/2006 interposto por Dª ELVIRA LÓPEZ LÓPEZ contra desestimación presunta de rec. reposición sobre reclamación de responsabilidade patrimonial. Estimada parcialmente.

4.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 35/2006 interposto por Dª. ELVIRA TOMÉ SANMARTÍN contra de acordo da X.Goberno local desestimatorio de responsabilidade patrimonial. Estimada parcialmente.

5.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no r.c.a. nº 337/2006 interposto por Dª. DOLORES FERNÁNDEZ CAMESELLE contra desestimación presunta de responsabilidade patrimonial. Estimada parcialmente.

6.- Auto do Tribunal Supremo no rec.casación nº 145/2005 interposto por TRANVÍAS ELÉCTRICOS DE VIGO S.A. contra sentenza do TSXG desestimatoria de r.c.a. interposto contra aprobación do prego de condicións do contrato de recollida e transporte RSU e limpeza viaria e a súa adxudicación. Inadmisible o recurso.

BENESTAR SOCIAL
7.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación Integra para a realización dun programa de formación práctica na Administración Local. Expte. 17868/301.

DEPORTES
8.- Solicitude de autorización do Club Atletismo Vigo para realizar a 2ª Carreira popular San Silvestre o 31.12.06 no Parque de Castrelos. Expte. 6495/333.

9.- Solicitude de trienios de Dª. María Luisa Alvarez Fernández.

10.- Proposta de valoración e aprobación da productividade dos traballadores do IMD.

11.- Expediente de contratación da xestión do Servizo público con execución de obra de dúas piscina cubertas na parcela da praza central do Polígono 1 do PERI II-12-A Florida B e parcela no PERI 4-Barreiro II. Expte. 6078/333.

ELECTROMECÁNICOS
12.- Solicitude a Aqualia da realización das obras de acometida de saneamento ó local municipal de Turismo da Rúa Teófilo Llorente nº 7. Expte. 11908/444.

EMPREGO
13.- Proposta de concesión de axudas municpais á creación de empresas do ano 2006, no marco do Plan Municipal de Emprego 2004-2007. Expte. 4101/77.

14.- Dar conta da concesión de subvención da Consellería de Traballo para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local. Expte. 3939/77.

15.- Procedemento de selección para dous postos de axentes de Emprego e Desenvolvemento Local. Expte. 4129/77.

INTERVENCIÓN XERAL
16.- Xustificantes de libramentos.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
17.- Outorgamento de autorización do uso e goce de espazos de uso privativo no Viveiro de Asociación do Centro Cívico Casco Vello. Expte. 3109/320.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
18.- Adxudicación do procedemento negociado para a redacción do proxecto de humanización do vial de acceso á Universidade-Barxa. Expte. 50138/250.

19.- Adxudicación do procedemento negociado para a contratación das obras do proxecto de construcción de beirarrúas na rúa Canteiros, Matamá. Expte. 50320/250.

20.- Adxudicación do concurso para a subministración de gasóleo C para calefacción dos colexios e escolas públicas de Vigo. Expte. 7865/332.

21.- Adxudicación do concurso para a contratación das obras de construcción de Palco da música en Navia e vestiarios do campo de fútbol de Fontáns. Expte. 49935/250.

22.- Expediente de contratación do deseño, redacción, producción, subministración e instalación da sinalización turística da cidade. Expte. 1940/104.

PERSOAL
23.- Dar conta da resolución de data 5.11.06 sobre aceptación de renuncia de funcionaria interina. Expte. 16894/220.

24.- Dar conta da resolución de data 1.12.06 relativa á gratificación por servizos especiais e extraordinarios do Servizo de Extinción de Incendios por exceso de xornada anual correspondente ó mes de novembro de 2006. Expte. 16887/220.

25.- Corrección de erro no expte. 16766/220 relativo á aprobación do programa de formación do persoal municipal no período de outubro-decembro de 2006. Expte. 16851/220.

26.- Recoñecemento a Dª Nuria Vilasoa Núñez de aboamento de cantidade en concepto de atrasos como consecuencia de acordo da Xunta de Goberno Local de 23.12.05. Expte. 16789/220.

SEGURIDADE
27.- Revisión de tarifas de autotaxi para o ano 2007. Expte. 72618/210.

28.- Revisión de tarifas do transporte urbano colectivo para o ano 2007. Expte. 72859/210.

29.- Rogos e preguntas.