Escoitar

O Goberno local informará sobre a construción da cuberta da rúa das Ostras

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo centrouse na súa reunión de hoxe xoves na petición de información por parte do concelleiro Mauricio Ruiz, do PSdeG-PSOE, sobre a construción da cuberta da rúa das Ostras e o seu encaixe coa declaración como conxunto histórico da zona onde está situada. O portavoz do PP, José Manuel Figueroa, adiantou que o Goberno local informará sobre esta actuación, "que está", asegurou, "en perfectas condicións legais".

xoves, 14 dec 2006
1166101765xeren141206.jpg
Figueroa afirmou que haberá que esperar a que se finalice a obra para valorala e augurou que "vai quedar perfecta para o que pedían os veciños e os comerciantes" da rúa das Ostras. O portavoz do Goberno municipal recordou que esa rúa é "unha zona moi turística" e que a cuberta que se está a construír nela terá efectos beneficiosos porque facilitará as visitas en outono e inverno.

Pola súa parte, Mauricio Ruiz expresou as súas dúbidas sobre a "seguridade e conveniencia" dunha estrutura que, segundo asegurou, causa preocupación entre os veciños da rúa das Ostras. Ruiz chamou a atención sobre o que considera difícil encaixe da cuberta coa declaración do Casco Vello como conxunto histórico, xa que "polo que se ve" a obra que se está executando "é todo o contrario".
Descargar todas as imaxes