Escoitar

Invitacións para asistir á pista de patinaxe sobre xeo nas "tardes e noites vivas"

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo ten previsto repartir, entre os mozos e mozas que participen no programa de ocio alternativo "Tardes e Noites Vivas", invitacións para poder patinar na pista de xeo que está instalada na zona de Coia.

xoves, 14 dec 2006
A vindeira fin de semana, nas tardes e noites do venres e sábado, os mozos e mozas de Vigo poderán, ademais de divertirse realizando actividades gratuítas dentro do programa de ocio alternativo da Concellería de Xuventude, conseguir entradas para a pista de patinaxe sobre xeo, que este ano está instalada nunha carpa no paseo da Avda. de Castelao (no espazo coñecido como o Campo da festa).

Estas invitacións serán válidas para os venres e sábados en horario nocturno (de 23:00 a 1:00h.), por estar esta actividade incluída dentro do programa de ocio "Tardes e Noites Vivas", e serán repartidas, ata esgotar existencias, nas seguintes sedes de dito programa:
- Venres:
Pavillón deportivo do Instituto do Castro (R/ J.G.Posada Curros,1 Entrada lateral, fronte a pista deportiva)
Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (entrada pola rúa Jacinto Benavente, 1)
Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas)
Asociación Xuvenil Abertal (R/ Venezuela, 3 – Baixo)
Pavillón Municipal de Deportes de Coia (na Avda. Castelao)
Asociación Xuvenil Cancerbero (R/ Heraclio Botana, 6 – Baixo Esquerda)

- Sábado
Pavillón deportivo do Instituto do Castro
Pavillón Municipal de Deportes do Berbés
Espazo Xove do Castro
Asociación Xuvenil Abertal

Cada unha destas sedes teñen un horario determinado dentro do intervalo que vai dende as 17:00 ata a 1:30 da madrugada e unha programación de actividades diferente que consta de obradoiros, deportes, bailes, acceso a internet, torneos, etc.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31) Tfno. 986 294 806 ou na web www. xuventudevigo.org