Escoitar
Unha mostra antolóxica achega á Casa das Palabras o traballos dos novos autores galegos de banda deseñada

O cómic chega a o Vérbum

"5 anos de BD banda, Escolma dos novos creadores de banda deseñada galega" é o título da mostra que desde o día 13 de decembro e ata o 11 de febreiro poderase ver no Vérbum. Trátase que de obras orixinais de 34 autores de cómic do noso país que publicaron ao longo do último lustro na revista "BD Banda".

mércores, 13 dec 2006
1166017511comic.jpg
Os amantes do cómic teñen unha ocasión única deste esta mesma tarde no Verbum-Casa das Palabras. Obras orixinais dunha trintena de autores galegos achéganse a estas instalacións como parte da oferta do museo para o tempo de Nadal.

A exposición, que chega a Vigo directamente do Salón de Cómic de Cornellá, presenta obras rematadas canda a bosquexos e mostras do proceso creativo destes novos autores, que están a se consolidar como a xeración máis destacada do cómic estatal na actualidade. Nomes coma, Víctor Rivas, Kiko da Silva, Miguel Porto, David Rubín ou Andrés Meixide, compoñen unha ampla selección do traballo que se está a facer nos últimos anos no campo da novena arte en galega. Un panorama que está en plena efervescencia e que promete dar moito que falar nos vindeiros anos.

A exposición está organizada en colaboración coa Asociación Cultural BD Banda, promotora da publicación homónima que conseguiu agrupar todos estes creadores e acadou en 2005, por primeira vez na historia da Banda Deseñada Galega, o premio do Saló de Barcelona ao mellor fanzine cunha publicación editada integramente en galego.

Na actulidade BD Banda está a ultimar lanzamento dunha nova publicación que, co mesmo nome, tentará consolidarse como unha revista profesional, con edicións en galego e en castelán e a manter sempre unha intensa presenza de autores do noso país.
Descargar todas as imaxes