Escoitar

Inauguración da campaña "De Boa Man"

Do 13 ao 16 de decembro estará instalada na rúa do Príncipe a carpa da campaña "De Boa Man". Tratase dunha campaña de divulgación e venta de artigos de artesanía realizados por persoas con discapacidade e promovida pola Concellería de Benestar Social.

martes, 12 dec 2006
O horario da apertura da carpa será de 10.00 a 20.00 horas e o sábado 16 só pola mañán de 11.00 a 14.00 horas.

A ubicación da carpa é a habitual na rúa Príncipe, esquina Velázquez Moreno.

Oito entidades para persoas con discapacidade que dispoñen de centro ocupacional, estas son, APAMP, ASPANAEX, DOA, Fundación Menela, San Rafael, ALENTO, ASPAVI ás que se suma este ano COGAMI expoñen e venden artículos e productos de calidade realizados polos seus usuarios nunha carpa instalada para a ocasión, dentro dun proxecto conxunto.

O acto de inaguración será o mércores, día 13, ás 12 horas e asistirán a alcaldesa, Corina Porro e a concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias Bueno.