O Concello pón en marcha unha campaña para o uso non sexista dos xoguetes
A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou hoxe martes a campaña municipal "Dálle unha volta aos xoguetes", coa que se pretende promover o uso non sexista dos diferentes tipos de xoguetes entre os nenos, as nenas e os seus educadores.
Para conseguilo, o Concello editou 5.000 exemplares dunha unidade didáctica que se está a distribuír entre todos os centros de educación infantil e primaria de Vigo. Con esta unidade didáctica quérese axudar aos nenos e nenas a desenvolver unha visión crítica sobre as formas en que lles son presentados os xoguetes, facendo fincapé nas técnicas que usa a publicidade para "venderllos".
A Concellaría da Muller entende que esta visión crítica dos cativos servirá para completar o cambio que aínda se espera por parte dos pais, os educadores e a industria do xoguete. Así, por exemplo, a unidade didáctica recorda que, se ben "xa non é frecuente atopar anuncios en que unha nena xoga cunha cociña ou un neno cun coche", as estratexias publicitarias son agora "máis sutís pero non menos efectivas".
A campaña municipal conta, ademais, coa colaboración de grandes xogueterías e superficies comerciais, nas que se colocarán 300 displays. Cada un destes displays contén 10.000 tarxetóns de felicitación coa imaxe da campaña.