Escoitar

Turismo de Vigo e Caixanova organizan o I Semana de Cine de Vela Lixeira

O auditorio do novo Centro Social Caixanova de Vigo acolle a partir do mércores día 13 de decembro, o I Semana de Cine de Vela Lixeira, tres xornadas de proxeccións, que contará coa participación de regatistas lexendarios, todos eles incorporados aos grandes nomes da vela galega.

mércores, 13 dec 2006
1165933232promovelaligera.jpg
Baixo a proposta de converterse nun foro aberto de debate, que pretende canalizar as inquietudes de deportistas, directivos, institucións públicas e axentes patrocinadores, o I Semana de Cine de Vela Lixeira aspira a ser un referente na análise en vivo da realidade social e dos contrastes que respira día a día a modalidade máis activa en Galicia, como o é a vela lixeira.

O primeiro día estará dedicado ao desenvolvemento e evolución da vela lixeira nos últimos 50 anos. Actuarán como ponentes Ramon Ojea, Benigno Cuevas, Álvaro García e Fernando Giraldo, que falarán da vela do seu tempo contrastándoa coa actual.

Para amenizar esta primeira xornada e antes do coloquio proxectarase o vídeo sobre o ultimo Campionato do Mundo de Platú 25 celebrado en Vigo, e a continuación un fotomontaxe que explica o desenvolvemento da vela desde principios de século ata os nosos días.

As escolas, a súa promoción, as regatas autonómicas e a súa popularización, ocuparán os dous días restantes, concluíndo o venres coa síntese dos temas máis importantes abordados nesta primeira experiencia, que conta co apoio de Turismo de Vigo e de Caixanova. As tres xornadas darán comezo ás 20:30 horas e as sesións están abertas ao público en xeral, sendo a entrada libre e gratuita ata completar aforo.
Descargar todas as imaxes