O Concello colaborará cos centros de ensino para atallar a violencia
O Concello vai colaborar coa Asociación Ciudadana contra la Violencia nun programa escolar para educar os alumnos de varios centros de ensino secundario de Vigo sobre os efectos prexudiciais da violencia e para mellorar a convivencia nas aulas e nos fogares.
Segundo explicou a alcaldesa, Corina Porro, trala reunión coas representantes da Asociación, o programa desenvolverase de febreiro a maio de 2007 en varios centros que serán seleccionados polo Concello.
A coordinadora da Asociación e socióloga María Digna Iglesias e a psicóloga María Jesús López Agra sinalaron que nos últimos anos se vén observando un aumento notable da violencia por parte de nenos e mozos, sobre todo entre os do ensino primario, fenómeno que repercute negativamente na calidade do propio ensino e das relacións entre alumnos e entre eestes e as súas familias.
A Asociación Ciudadana contra la Violencia creouse en Vigo en 1997 e desde entón ten actuado en labores preventivas e paliativas con máis de 400 persoas afectadas por diferentes tipos de violencia, fundamentalmente a que se produce nos ámbitos das relacións de parella e familiar.
Descargar todas as imaxes