Aberto o prazo para participar no concurso desfile de Rondallas
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza o "XXVI Concurso Desfile de Rondallas Concello de Vigo" que terá lugar o día 7 de xaneiro de 2007, ás 12,00 horas na cidade de Vigo.O percorrido previsto para o desfile é García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol.
Neste concurso poderán participar todas aquelas agrupacións que teñan un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120. O número máximo de agrupacións participantes limítase a 12.
Como único criterio de selección establécese a orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello de Vigo. As agrupacións que desexen participar teñen ata o día 20 de decembro aberto o prazo de inscrición.
Descargar todas as imaxes