Escoitar
Anuncio Patrimonio Histórico

Cursos de cestería tradicional 2007

<br />

venres, 15 dec 2006
O próximo día 20 de decembro remata o prazo de inscrición no programa formativo "Casa do Cesteiro", cursos de cestería tradicional 2007 do centro de artesanía tradicional

A quen vai dirixido
A persoas interesadas en coñecer en profundidade a cestería tradicional galega (con especial atención á fabricada en Vigo en torno a rúa Cesteiros), así como a cesteiros que queran mellorar os seus recursos técnicos.

Onde se impartirán os cursos
Todos os cursos impartiranse no Centro de Artesanía Tradicional, rúa Subida ao Castelo nº 10

Cando comezan
O 8 de xaneiro de 2007

Cómo apuntarse
Presentando o boletín de inscrición dispoñible no CAT ou no Departamento de Patrimonio Histórico do concello. O prazo de inscrición remata o día 20 de decembro de 2006.

Formalización da matrícula
Os alumnos admitidos deberan formalizar o pago das tasas de matrícula antes do 4 de xaneiro de 2007, presentando resgardo do mesmo no CAT antes do día 8.


PROGRAMA FORMATIVO 2007.-

Curso de Cestería Tradicional. 500 h
Días e horario: luns, mércores e venres en horario de 9:30 a 13:30 h
Duración: Anual, do 8 de xaneiro ao 21 decembro, excepto os meses de xullo e agosto
Prezo da matrícula: 50 €

Curso en Cestería de Colmo. 500 h
Días e horario: luns, mércores e venres en horario de 9:30 a 13:30 h
Duración: Anual, do 8 de xaneiro ao 21 decembro, excepto os meses de xullo e agosto
Prezo da matrícula: 50 €

Curso de Cestería Tradicional. 300 h
Días e horario: martes e xoves en horario de 16:00 a 20:00h.
Duración: Anual, do 8 de xaneiro ao 29 novembro, excepto os meses de xullo e agosto
Prezo da matrícula: 30 €


PARA MÁIS INFORMACIÓN:
CAT Centro de Artesanía Tradicional
Rúa Subida ao Castelo, 10 36202 VIGO
Tel 986 227 424 / 986 220 758
www.vigo.org/artesania / e-mail: HYPERLINK "mailto:cat@vigo.org" cat@vigo.org
Horario de atención ao público: de 10:00 a 14:00 h de luns a venres