Oito mil localidades para un espectáculo de motocross nunca visto en Vigo
O espectáculo acrobático de motos Freestyle Internacional Cidade de Vigo reunirá mañá sábado a partir das 21.00 horas no IFEVI a figuras destacadas desta modalidade como o campión de Europa Edgar Torronteras e o gañador da Copa de España, José Miralles, cunha montaxe de luz e son de máis de 60.000 watios.
A organización, que corre a cargo do Moto Bike Sport Club, dispuxo xa 8.000 postos de bancadas para que o público vigués poida contemplar o Freestyle de motocross "máis imponente dos que se teñen celebrado ata o de agora".
Na pista onde os pilotos farán os seus espectaculares trucos e saltos están preparadas tres rampas Kiker e unha rampa Big Air. Ademais, o evento contará cunha multirrecepción de catro metros de altura e 800 metros cúbicos de terra.
Xunto a Edgar Torrontellas e José Miralles, participarán no Cidade de Vigo outras figuras do freestyle como o xaponés Eigo Sato, o italiano Álvaro dal Farra, o francés Remi Bizouard, o estadounidense Beau Bamburg e o australiano Robbie Madisson.
Os interesados en asistir ao Freestyle Internacional poden adquirir as súas entradas na taquilla do IFEVI mañá sábado a partir das 10.00 horas ou ben nos seguintes puntos de venda autorizados: www.caixagalicia.es, 902 43 44 43 e El Corte Inglés.
Descargar todas as imaxes