Escoitar

Contratación laboral-temporal de persoal para pavimentación de viais e camiños públicos

<br />

venres, 15 dec 2006
Acordo da xunta de goberno local do concello de vigo en sesión ordinaria do 4.12.2006.

1 oficial-pavimentador.
2 operarios-pavimentadores.

Servicio: Vías e Obras.


Duración e tipo de contrato:

-Duración: 3 meses.
-A modalidade contractual será de "acumulación de tarefas", art. 15.1 e.t., do rd 2720/1998, do 18 de decembro.

requisitos:

- Oficial-pavimentador: a titulación esixida é de graduado escolar, fp-i ou equivalente e contar con experiencia acreditada en pavimentación de viais.

- Operarios-pavimentadores: certificado de escolaridade ou equivalente, preferentemente con experiencia acreditada en pavimentación de viais.

Comisión de valoración: a comisión de valoración constituida para dita selección, proporá ó/a candidato/a para dita contratación, a tales efectos, o proceso constará dunha proba práctica sobor coñecementos das tarefas propias do posto de traballo, que se avaliará de cero a dez puntos, tendo esta proba carácter excluinte se a/o candidata/o non obtén un mínimo de cinco puntos.

Prazo de presentación de solicitudes: As persoas interesadas presentarán a solicitude co correspondente currículum no Rexistro Xeral, no prazo de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte a publicación do presente anuncio na prensa local.

Para máis información na oficina de Persoal do Concello de vigo:

Tfno:986810100-ext.1196