venres, 22 decembro 2006

Animadores e músicos darán ambiente de Nadal ás zonas comerciais

O Concello colaborará coa Asociación de Comerciantes de Vigo na realización dun proxecto de dinamización "integral" do comercio vigués durante o Nadal, a través dun conxunto de animadores e músicos que tratarán de levar o ambiente típico destas datas ás zonas onde se concentran as actividades deste sector.

36 nenos acompañarán os Reis Magos na Cabalgata

venres, 22 dec 2006

A Concellería de Festas e Animación Sociocultural realizou o sorteo dos nenos que acompañarán os Reis Magos na Cabalgata do 5 de xaneiro. Ademais dos 36 rapaces seleccionados, hai 12 suplentes para cubrir posibles baixas ou renuncias.

Anuncio Medio Ambiente

Árbores vivas para o Nadal

venres, 22 dec 2006

Próxima a celebración das tradicionais festas do Nadal, lémbrase a todos os cidadáns que, a teor do disposto na Orde da Consellería de Agricultura, pesca e alimentación do 10 de decembro de 1984 (DOG nº 240, do 15.12.1984) o ACIVRO (Ilex aquifolium), pola súa importancia ecolóxica e utilidade para a fauna silvestre, é considerada especie protexida en Galicia, estando prohibido expresamente arrincalo, recollelo, cortalo ou desenraizalo, incluidas as súas sementes, así como a súa comercialización, a non ser para finalidades científicas ou educativas debidamente autorizadas.