Animadores e músicos darán ambiente de Nadal ás zonas comerciais
O Concello colaborará coa Asociación de Comerciantes de Vigo na realización dun proxecto de dinamización "integral" do comercio vigués durante o Nadal, a través dun conxunto de animadores e músicos que tratarán de levar o ambiente típico destas datas ás zonas onde se concentran as actividades deste sector.
A concelleira de Comercio, Lucía Molares, afirmou que o obxectivo desta iniciativa é "dar cor" ao comercio de Vigo para crear un ambiente apropiado ás compras de Nadal, facendo que "a maxia e a ilusión estean presentes nas rúas". Este plan de dinamización comercial, segundo explicou Molares, complementa outras actividades organizadas polo Concello neste sentido, como as carpas para nenos do Carteiro Real e NaviCow, o parque infantil Vigolandia e a pista de patinaxe.
As actividades de dinamización centraranse, por unha parte, nas zonas comerciais do centro, Príncipe, o Casco Vello, As Travesas e O Calvario. Nestas áreas levaranse a cabo "pasarrúas" en horario de 18.30 a 20.00 horas, cun conxunto de elementos de animación que inclúe bonecos de neve, "ciclos tolos", "pallasos circus", pallasos xigantes, trasnos de Nadal e "zancundos de fantasía".
Polas mañás, as actividades concentraranse nos mercados da cidade. De 11.30 a 12.30, os centros do Berbés, O Progreso, As Travesas, Teis, O Calvario e Bouzas serán os escenario onde actuarán os "globadores imposibles", "globoescultores" que xogarán con globos xigantes para faceren figuras incribles.
O plan de dinamización do comercio vigués desenvolverase grazas ao convenio de colaboración asinado hoxe venres pola concelleira Lucía Molares e o presidente da Asociación de Comerciantes de Vigo, Antonio Reguera.
Descargar todas as imaxes