A Federación de Asociacións de Veciños e o Concello acordan a mellora dos colectores veciñais
O Concello de Vigo, a Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao" e aqualia, alcanzaron un acordo para o acondicionamento, mellora e renovación onde proceda dos colectores veciñais de saneamento do Municipio de Vigo. O proxecto contempla un investimento de 1.583.203 euros.
En virtude do acordo, a Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao", cederá os colectores veciñais para a súa incorporación á rede de saneamento municipal e autoriza á concesionaria para o acceso ás zonas por onde discorren esas redes; o Concello levará a cabo as obras, cuxa execución será concretada por aqualia, quen posteriormente asumirá o mantemento dos colectores e reparará as conducións en caso de posible rotura ou obstrucción.
En concreto, renovaranse 3.593 metros de colectores e executaranse outros 400 metros de novos colectores, con tubería de PVC de 315 mm, en ambos os casos. Tamén se converterán 500 arquetas en pozos e executaranse 576 pozos de rexistro novos, instalando "pates" en todos eles.
Ao finalizar as acciones para a renovación e instalación dos colectores, reporanse 18.588 metros cadrados de pavimento cos mesmos criterios da superficie existente, e realizaranse inspeccións interiores dos colectores con cámara, para revisar o seu estado e asegurar o bo estado dos case 34 km. de colectores ata agora veciñais.
Con estas accións, que serán executadas por aqualia, tras o acordo entre o Concello e a Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao", dáse resposta á necesidade de incorporar os novos colectores veciñais á rede municipal de Vigo. Este proxecto enmárcase dentro da filosofía de continua mellora do servizo de abastecemento e saneamento de Vigo.