Ocio infantil no IFEVI, a partir do próximo martes con Vigolandia
O próximo martes, 26 de decembro, abrirá as súas portas no IFEVI a cuarta edición do parque de ocio infantil Vigolandia, mantendo a temática das edicións anteriores; isto é, "Deporte, Cultura e Integración".
Como en anos pasados, este evento contará con numerosas actividades pensadas para os máis pequenos da casa, como hinchables, pallasos, talleres de pintura, un circuíto de educación vial, unha tómbola benéfica e diferentes actividades deportivas.
O prezo da entrada será de 2 euros para os menores de 14 anos e de 3 para os que teñan esa idade ou máis. Na pasada edición máis de 30.000 persoas visitaron este parque de ocio, que ocupará este ano unha superficie de 12.000 m2.
Vigolandia permanecerá aberto o día 26, en horario de 16.00 a 21.00 horas, e os días 27, 28, 29 e 30 de decembro, en horario de 11.00 a 21.00 horas.
É este un proxecto que naceu en 2004 coa finalidade de apoiar social e institucionalmente o labor social desenvolvido por diversas entidades e asociacións a favor das persoas discapacitadas. Igual que en anos anteriores, a recadación obtida nas taquillas destinarase a distintas institucións benéficas.
Como principal novidade para este ano celébrase no marco deste evento un concurso de debuxo para nenos, ao que se presentaron un total aproximado de 700 traballos. Estes debuxos serán expostos ao público no mesmo parque de ocio infantil.