O Planetario do Zoo achéganos ao Universo
O Parque das Ciencias "Vigo Zoo" expón unha actividade divulgativa para coñecer o mundo das estrelas que se poderá visitar ata o próximo día 7 de xaneiro e que está organizada pola Sociedade Astronómica Galileo Galilei de Vigo.
A actividade está dirixida principalmente aos cativos e para visualizar a exposición montouse un planetario onde, mediante un conxunto de proxectores , coñecer os confíns do Universo. O planetario, cunha cúpula de 5 metros de diámetro, ten unha capacidade para 24 persoas sentadas. O proxector esférico mostra máis de 2.500 estrelas.
As persoas que se acheguen ao planetario poderán disfrutar dunha exposición fixa interactiva que rodea a cúpula, de proxeccións de documentais e presentación do Obradoiro de Astronatura e exposicións complementarias.
Descargar todas as imaxes