Escoitar

"Nadal Veciñal" nos barrios

Máis de 134 actividades conforman a programación que as distintas entidades veciñais que forman a Federación de Veciños Eduardo Chao teñen preparadas para este Nadal e que veñen de presentar hoxe xunto co concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves.

luns, 18 dec 2006
1166442885movevigonadal06.jpg
Trátase dunha oferta que leva a todos os barrios da cidade actividades para que este Nadal chegue a todos os puntos da cidade. Actuacións para os máis novos que son os que viven dun xeito especial estas datas como obradoiros, beléns, cabalgatas, puntos de recollida cartas para Papa Noel e os Reis.

Pero tamén como ven sendo habitual ofertas musicais de corais, bandas, orfeóns, certames de panxoliñas ou rondallas. Tamén hai espazo para o teatro, cine, exposicións varias.

Programa de actividades
Descargar todas as imaxes