Escoitar

Actividades especiais para nenos e familias na Biblioteca Central<br />

A Biblioteca Central ofrece nestas datas unha programación especial para que os rapaces e as súas familias se acheguen a ela, con actividades que pretenden ser variadas, lúdicas e entretidas.

martes, 19 dec 2006
1166533890biblionadal06.jpg
As mañás estarán dedicadas aos máis pequenos e as tardes, ás familias, con obras de teatro, títeres, maxia, pallasos, malabares, contacontos e cantacontos. Os sábados, complementaranse os habituais contos recuperando os "Contos con Estrella".

A directora da Biblioteca, Rosa María Díaz Naya, explicou hoxe martes que o obxectivo desta programación é "difundir a existencia da biblioteca" para que tanto os rapaces como as familias vexan este centro "non só como un lugar onde hai libros, senón tamén como lugar de lecer".

Pola súa parte, o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, sinalou que esta iniciativa axudará no labor de "ir formando os nosos fillos no hábito da lectura".

O calendario das actividades é o seguinte:

DECEMBRO

Sábado 2

11:30-12:30 Contos con Estrella. Para rapaces de 3 a 7 anos.

Sábado 16

11:30-12:30 Contos con Estrella. Para rapaces de 3 a 7 anos.

Martes 26

11:30-12:30 Estrella: Actividades para pequenos. Actividades variadas para rapaces de 3 a 6 anos. Prazas limitadas, prevalece a orde de chegada.

18:30 Maxia con David Méndez. Aforo limitado. Prégase puntualidade.

Mércores 27

11:30-12:30 Estrella: Actividades para pequenos. Actividades variadas para rapaces de 3 a 6 anos. Prazas limitadas, prevalece a orde de chegada.

18:30 Contada con Pavís-Pavós. Aforo limitado. Prégase puntualidade.

Xoves 28

11:30-12:30 Estrella: Actividades para pequenos. Actividades variadas para rapaces de 3 a 6 anos. Prazas limitadas, prevalece a orde de chegada.

18:30 Títeres: "O tío Miseria", da Compañía de Fantoches Baj. Aforo limitado. Prégase puntualidade.

Venres 29

11:30-12:30 Estrella. Actividades para pequenos. Actividades variadas para rapaces de 3 a 6 anos. Prazas limitadas, prevalece a orde de chegada.

XANEIRO

Martes 2

18:30 Locamotora presenta "Carlota e Marieta dan a volta ao planeta". Aforo limitado. Prégase puntualidade.

Mércores 3

18:30 Canta-contos con Servando.

Xoves 4

18:30 Malabares "Peter Pan". Aforo limitado. Prégase puntualidade.

Sábado 13

11:30-12:30 Clown "Rudie".

Sábado 20

11:30-12:30 Contos con Estrella. Para rapaces de 3 a 7 anos.

Sábado 27

11:30-12:30 Obradoiros.
Descargar todas as imaxes