A Escola de Artes amosa nunha exposición os traballos de alumnos e mestres
A Escola Municipal de Artes e Oficios inaugura o próximo venres, día 22 de decembro, unha exposición co título "Expoarte e Oficios" coa que se pretende iniciar unha nova andaina de actividades co fin de que a cidadanía coñeza o traballo que realizan alumnos e profesores da devandita escola.
A exposición amosa e recupera a colección permanente de Antón Corral así como os traballos dos obradoiros de ourivería, luthería antiga, cerámica e instrumentos musicais populares galegos.
O concelleiro Ignacio López Chaves salientou a importancia de que a cidadanía sepa o que se fai na escola e a importancia da mesma na transmisión do coñecemento do traballo artesán.
Ás 19 horas , previo á inauguración da exposición, haberá un concerto dos profesores do departamento de Música Tradicional da Escola e da Banda de Gaitas Xarabal, do mestre Antón Corral.
Por outra banda, o Departamento de Música Tradicional e Folk – DMTF- da Escola organiza para os vindeiros días un ciclo de concertos e seminarios de Nadal 2006.
Programa dos concertos e seminarios
Día 22 de decembro ás 19 horas : Concerto dos profesores do DMTF con motivo da apertura da Exposición Permanente de Instrumentos Antón Corral, no que participan Anxo Pintos, zanfona; Alfonso Franco, violín; Xaquín Xesteira, gaita; Francisco Javier Feijoo, canto e percusión; Xosé Liz, requinta e Rodrigo Romaní, arpa.
Día 27 de decembro ás 19 horas: : Concerto Aula de Canto, Cantos de Nadal, Aninovo e Reis, dirixido polo profesor Francisco Javier Feijoo, no auditorio do DMTF.
Día 29 de decembro ás 19 horas: Seminario sobre fabricación artesanal de pallóns para gaita, impartido polo profesor Xaquin Xesteira, no auditorio do DMTF.
Día 3 de xaneiro, ás 19 horas: Seminario de Aventuras e Desventuras do Vilancico Popular na Música Relixiosa dos séculos XVII,XVIII e XIX, impartido polo profesor Rodrigo Romanía, no auditorio do DMTF.
Día 5 de xaneiro: Concerto dos alumnos do DMTF das aulas de Requinta, Violín, Arpa , Zanfona, canto, Gaita e Percusión, dirixido polo profesor Xosé Liz.
Descargar todas as imaxes