Escoitar
Anuncio Gerencia de Urbanismo

Aprobación inicial da modificación do proxecto de urbanización da UE Villa Laura

<br />

venres, 22 dec 2006
A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 4 de decembro de 2006 acordou aprobar inicialmente a modificación do Proxecto de Urbanización da UE I-01 Villalaura, redactada polos Arquitectos D. Antonio Davila Alonso, Dª Eva Filgueira García, D. César Jiménez López, D. Luis Meijide Rico e D. Jesús Cordeiro Rodríguez, visada polo COAG no 18/10/2006 -Expte. 4716/401-.

Abrése un trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación de anuncios no BOP en un diario dos de maior circulación da provincia.

O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ao dispor do públiLaco en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todas aquelas persoas interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificadas persoalmente.