Peche de todos os accesos á Praza de América por festa de fin de ano
<br />
Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor da celebración da festa de fin de ano nas Travesas, estarán pechados ao tráfico rodado todos os accesos á Praza de América, o vindeiro 31 de decembro dende as 23.00 horas e até as 03.30 horas do 1 de xaneiro de 2007. Manterase aberta a circulación de vehículos polo túnel debaixo da praza cos itinerarios actuais.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.