O MARCO inaugura a exposición "Circus" de Alejandra Icaza
A mostra da artista cuxas creacións “saen desde a emoción, non desde a cabeza” completa a oferta expositiva do museo municipal ata outono. É a sexta mostra que se abre este verán.
Abel Caballero animou este martes á cidadanía a visitar e a gozar da obra de Alejandra Icaza que, ata o 11 de outubro, permanece exposta na primeira planta do MARCO. “É unha mostra excepcional, que impacta e atrae”, afirmou o rexedor ante a artista ao recalcar que “é un intercambio de sensibilidades, sentimentos e sensacións”.
Alejandra Icaza destacou que as súas obras destilan moita cor e alegría, “que saen desde a emoción, non desde a cabeza”.
O director do MARCO, Miguel Fernández Cid, puxo en valor as seis mostras que se exhiben no museo ata o próximo outono e, singularmente, a de Alejandra Icaza.
Mostras
- “Artistas en construción. Falab feito na casa”. Patio A3 (Planta baja). 3 de xullo 2026-29 novembro 2026.
- “Colección MARCO. Secuencias, paisaxes”, de Jonathan Hernández, Enrique Jezik e Jorge Macchi. Galería A3 (Planta baja) . 16 de maio de 2026- 6 de setembro de 2026.
- “ Pena Faragulla”, de Francisco Mendes Moreira. Galería e sala perimetral B1 (Primeira planta). 11 de xuño de 2026-27 de setembro de 2026.
- “Hai un lugar”, de Alberto Ardid. Patio A1, A2, galería e sala perimetral A2 (Planta baja). 30 de abril de 2026- 6 de setembro de 2026.
- “Circus” de Alejandra Icaza. Salas frontais (Primeira planta). 21 de xullo de 2026- 11 de outubro de 2026.
- Mariana Gomes. Galería e sala perimetral B3 (Primeira planta" 11 de xuño de 2026-27 de setembro de 2026.