Escoitar

O Concello trasladará a colección pictórica de Manuel Colmeiro á Casa das Artes

Abel Caballero informou este luns da aprobación na Xunta de Goberno dunha nova addenda ao contrato de comodato do legado pictórico de Manuel Colmeiro a favor do Concello de Vigo. O acordo, polo que os herdeiros do pintor ceden gratuitamente o uso de 23 óleos e 145 obras sobre papel, estará en vigor ata o ano 2029.

luns, 18 mai 2026

Abel Caballero avanzou que a adenda supón a ampliación da colección pictórica, coa incorporación dos óleos “A Carta” e “Doutor Cáceres”, polo que o acordo abrangue 23 óleos e 145 obras sobre papel e estará vixente ata 2029 .

O Concello trasladará a mostra das obras de Colmeiro desde a Pinacoteca Fernández del Riego á sala Reconquista da segunda planta da Casa das Artes.

Subvención

A Xunta de Gobierno tamén aprobou unha subvención de 15.000 euros á Asociación Cutural Sociedade Filharmónica de Vigo para o programa de concertos organizados ao longo deste ano. Así, o Concello apoia as 19 citas musicais organizadas ata o 9 de novembro deste ano.

A promoción cultural en Vigo suma un investimento de 2.950.000 euros.

Descargar todas as imaxes