Escoitar

Concerto de guitarra no ciclo de música "Xeración 2000+3"

Marcos Díaz protagoniza o segundo dos concertos do ciclo de novos intérpretes, dentro da programación que ofrece a Concellería de Cultura e que ten como elemento principal a guitarra . O recital terá lugar o domingo ás 20.30 horas no auditorio do Conservatorio de Música de Vigo, con entrada gratuita.

venres, 9 mai 2003
Marcos Díaz, naceu en Sâo Paulo (Brasil). Iniciou os seus estudios de guitarra ós oito anos de idade e ós once deu comezo as súas clases co guitarrista uruguaio Isaías Savio. En 1978 trasladou a súa residencia a España, continuando os seus estudios no Conservatorio Profesional de Música de Ourense e posteriormente no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde tivo como profesor a José Luis Rodrigo e onde obtivo o "I Premio Extraordinario Fin de Carreira de Guitarra", en 1984.

Asistiu a diversos Cursos Internacionais de guitarra, nos que recibiu clases de prestixiosos intérpretes como David Russell, Manuel Barrueco, Sergio & Odair Assad. Foi galardonado en varios concursos de guitarra, e regularmente é invitado como solista en diferentes Festivais Internacionais de Música.Gravou un CD editado polo selo discográfico "Ópera Tres", que tivo unha extraordinaria acollida pola crítica internacional.

PROGRAMA
I PARTE
Catro Plumas, John Dowland
Preludium (P 98)
A Fancy (P 5)
Sir John Smith his Almain (P 47)
A Fancy (P 73)

Suite nº 2 BWV 1008 (Orixinal para violoncello), J. S. Bach
Prelude
Allemande
Nte
Sarabande
Manucts I - II
Gigue

II PARTE
Un sono na floresta, Agustín Barrios
Confesión, Agustín Barrios
Invocación e danza, Joaquín Rodrigo
Catro cancións, Franz Schubert
Lob der Tränen
Liehesbothschait
Standchen
Aufenthalt