Inícianse as actividades de ¿Xogas?, en galego podemos
A festa inicial do programa de dinamización lingüística ¿Xogas?, en galego podemos celebrarase o venres 9 de maio ás 18:00 na praza do Rei. Os nenos poderán participar en xogos con paracaídas, obradoiros de maquillaxe e xogos cooperativos, ademais de aprenderen cancións infantís.
Os monitores ofrecerán actividades diversas para estimular aos rapaces na aprendizaxe de vocabulario dun xeito lúdico e didáctico. Entre os xogos cooperativos destaca o dos mouchos-carballos-lume ou o dos raposos máxicos.
Con este programa da Concellería de Normalización lingüística quérese que os cativos de 4 a 10 anos dispoñan de actividades nas que poidan desenvolvérense en lingua galega para fomentar o uso do idioma a través do lecer.
Entre os obxectivos desta sesión inicial do programa está potenciar a expresión verbal e musical, dar a coñecer distintos xogos populares, favorecer a cooperación e o traballo en equipo, educar para a paz e a tolerancia e fomentar valores de respecto pola natureza.