O festival "Mar da oralidade" celébrase o venres no Berbés
A Concellería de Xuventude colabora co programa "Ponte nas ondas", no que participarán máis de 1.000 alumnos a través de sete estudios radiofónicos.
"Ponte nas ondas" é unha iniciativa educativa en torno ao mundo da radio que agrupa a nenos de distintas cidades para reivindicar o patrimonio das linguas, dixo Santiago Domínguez. Nesta IX edición da experiencia, que se vai celebrar o próximo 9 de maio, "acordouse abordar o patrimonio inmaterial relacionado co mar, é dicir, a cultura marítima, nun momento no que o mundo do mar está presente en todo o noso universo colectivo", afirmou Santiago Veloso. A cultura marítima, tal e como se recolle na proposta presentada á Unesco, é unha unidade estructural entre Galicia e Portugal e vai estar presente durante as 24 horas de emisión realizadas por alumnado de educación primaria, secundaria e universitaria.
Santiago Domínguez anunciou a celebración do festival "Mar da Oralidade", unha homenaxe ao mar como medio de achegamento entre os pobos, un homenaxe ao mundo mítico das lendas, contos, ditos e cancións mariñeiras, unha homenaxe ás ondas, á costa, á navegación, á ecoloxía, ás cunchas, ás algas, aos peixes e ás areas.
Para erguer a vela actuarán Quempallou, Lugnasad, Retrincos, Na Virada, Puta Miseria, Batuko Tabanka (Cabo Verde), Ronda (Portugal), Alberto Mvundi (Angola), Renato Spencer-Forró Brasil (Brasil). A cita será no pavillón do Berbés o venres 9 de maio ás 24:00 horas con entrada libre.
O concerto emitirase por internet e polas emisoras que participan na retransmisión da IX Xornada de radio interescolar: Radio Ecca de Vigo, Radio Municipal de Tui, Radio Municipal de A Guarda, Radio Melgaço, Radio Ecos da Raia de Monçao e Radio Cultural de Vilanova de Cerveira.
Alfonso Caride, do Vicerrectorado de Extensión Universitaria, indicou que coa participación da Universidade de Vigo complétase o círculo de niveis educativos, desde primaria, secundaria e ata os estudios superiores. Estudiantes da Escola de Telecomunicacións serán os encargados da retransmisión a través de internet, xa que a Universidade de Vigo, puxo á súa disposición os recursos necesarios para desenvolver o proxecto "O mar e nós", destinado a recuperar todo o esplendor do mar.
O proxecto inclúe tamén a actividade denominada "Mobilízate polo mar", consistente nun certame de mensaxes curtas a través de teléfonos móbiles para darlle entrada ás inquedanzas dos rapaces sobre a necesidade de recuperar o mar.
Descargar todas as imaxes