Escoitar

A rúa do Príncipe recibe a campaña "De boa man"

Durante os próximos días 7, 8 e 9 de maio terá lugar, por cuarto ano consecutivo, a campaña "De Boa Man" de divulgación e venda de productos realizados por persoas con discapacidade e que se instala nunha carpa na rúa do Príncipe. A campaña está promovida pola concellería de Benestar Social, colabora a Asociación de Comerciantes de Príncipe e financia a obra social de CaixaGalicia con 12.020 euros.

martes, 6 mai 2003
A campaña presentouna a concelleira de Benestar Social, Belén Sío, que destacou entre os obxectivos da actividade "involucrar a todo o tecido social da cidade de cara á integración das persoas con discapacidade, así como, ofertar un comercio máis alternativo e máis solidario".

Sete entidades para persoas con discapacidade que dispoñen de centro ocupacional como son APAMP, ASPANAEX, DOA; Fundación Menela, San Rafael, ALENTO e ASPAVI, exporán e venderán os artigos e productos realizados polos seus usuarios, na rúa do Príncipe, nunhas carpas instaladas para a ocasión, dentro dun proxecto conxunto.

Durante os días que dure a campaña repartiranse folletos informativos da mesma e das entidades de dispacitados que participan.