martes, 6 mai 2003
A concelleira de Educación, Ana Gandón, presentou o balance de xestión da Escola de Artes e Oficios que consistiu na reforma e acondicionamento do edificio, na creación dunha orquestra e actividades artísticas, ademais da reorganización do sistema de admisión e representación do alumnado.
martes, 6 mai 2003
O alcalde, Lois Castrillo, recibiu ás participantes do II seminario "Emprego e cidadanía activa das mulleres", no que participa a Concellería da Muller. Mediante un convenio con "Ovarias", froito dun proxecto europeo, crearase unha empresa de servicios e atención ás necesidades familiares.
martes, 6 mai 2003
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou na Fundación Vide o XI Campionato Galego de Billar Pool que se desenvolverá os días 4, 5, 6, 11, 12 e 13 de xullo no Instituto Feiral de Vigo.
martes, 6 mai 2003
Durante os próximos días 7, 8 e 9 de maio terá lugar, por cuarto ano consecutivo, a campaña "De Boa Man" de divulgación e venda de productos realizados por persoas con discapacidade e que se instala nunha carpa na rúa do Príncipe. A campaña está promovida pola concellería de Benestar Social, colabora a Asociación de Comerciantes de Príncipe e financia a obra social de CaixaGalicia con 12.020 euros.
martes, 6 mai 2003
A concelleira de Educación, Ana Gandón, asistiu á apertura do I Certame de títeres, guiñois e marionetas que se celebra no auditorio municipal.