Ana Gandón presentou a reorganización da Escola de Artes e Oficios
A concelleira de Educación, Ana Gandón, presentou o balance de xestión da Escola de Artes e Oficios que consistiu na reforma e acondicionamento do edificio, na creación dunha orquestra e actividades artísticas, ademais da reorganización do sistema de admisión e representación do alumnado.
A concelleira anunciou, ademais, o calendario de exposicións que se exhibirán na planta baixa do edificio principal coas creacións do alumnado da Escola de Artes e Oficios.
Nos últimos catro anos acometéronse reformas e acondicionouse o edificio, para o que se buscaron novos espacios co fin de evitar a interrupción das clases. Neste tempo, ampliouse a dedicación horaria de varios mestres para mellorar a oferta de cursos neses obradoiros. Ademais, incrementáronse as actividades coa impartición das clases de requinta.
Púxose en marcha unha orquestra formada por alumnos das clases de harpa céltica, gaita, percusión, zanfona, violín tradicional e canto popular. No obradoiro de escultura e talla na madeira creouse a actividade de xilografía, precedida do correspondente investimento en maquinaria.
Creáronse programas cos contidos que se imparten nos distintos niveis e realizouse un sistema de seguimento polo miúdo de cada un deles. Neste período renováronse os equipos informáticos das dependencias administrativas para facilitar a organización do arquivo documental.
Inventariouse, diagnosticouse e catalogouse o material que conforma a colección de instrumentos musicais de Antón Corral derivada do obradoiro de contrucción e do intercambio de pezas con outros organismos. Tamén se asinou un convenio coa Concellería de Xuventude para a gravación de maquetas dos alumnos do obradoiro de son e música moderna.
Introducíronse cambios nos estatutos para a representación do alumnado da xunta rectora da Escola de Artes e Oficios.
Exposicións
6 ao 12 de maio--Cerámica, escultura e talla na madeira
15 ao 22 de maio--Debuxo e pintura
27 de maio ao 4 de xuño--Encadernación e repuxado en coiro
6 ao 13 de xuño--Corte, confección e encaixe de palillos
18 ao 25 de xuño--Instrumentos musicais populares galegos e luthería antiga
27 de xuño ao 4 de xullo--Ourivería
O horario é de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00.