Nova fase de construcción do aparcadoiro de Urzaiz
Autobuses e taxis utilizarán Cervantes para descender ata Uruguay.
A partir do xoves 8 de maio comeza unha nova fase de obra na construcción do aparcadoiro soterrado de Urzaiz. Os traballos concentraranse no cruce da rúa Urzaiz con República Arxentina, o que obrigará ao peche do treito superior desta última rúa. Os vehículos de transporte público circularán por Cervantes, que abrirá ao tráfico en sentido descendente.
As obras na confluencia de República Arxentina con Urzaiz durarán aproximadamente tres meses. Durante ese tempo, o tráfico privado entre a Gran Vía e García Barbón seguirá circulando por Alfonso XIII. Autobuses e taxis utilizarán Cervantes e Uruguay para continuar polo treito inferior de República Arxentina. A rúa Rogelio Abalde cambiará de sentido. Accederase por Cervantes e sairase por República Arxentina. As liñas de transporte público que tiñan parada na rúa República Arxentina trocarana por Cervantes.
Descargar todas as imaxes